viernes, 16 de enero de 2015

Grupo de posparto en pausa.


DENDE XANEIRO DE 2015 ESTE GRUPO ESTÁ EN PAUSA.

Grazas a atención da matrona de Carballo nos aspectos relativos ao posparto, e aos seus talleres pre y post tan cercanos aos principios de Á beira dos miúdos, a asociación pode deixar de dar este servizo no ambulatorio. Seguimos atendendo consultas individualizadas a domicilio e na casa da xuventude, con cita previa, para dubidas relacionadas coa lactancia, porteo, crianza e educación.

Se nalgún momento deixa de ofrecerse a atención no posparto, no ambulatorio, e dende titularidade pública, retomaremos o grupo dende a asociación.

Grazas a todas, todos e aoos vosos miúdos!!!

Saúdos e a seguir formando rede!!!!!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

INGLES EN FAMILIA

Dende Á beira dos miúdos pretendemos dar cabida a todas aquelas actividades que se poidan realizar en familia, e aqui presentamos unha moi interante!

Inglés en familia, para peques de 12 a 36 meses e as súas nais/pais.

Vai ser un momentiño de tempo de lecer cos nosos fill@s onde a comunicación, as cancións, os xogos van ser facilitados en inglés.

Propónse dende o baseamento que calquera aprendizaxe que se dá nunha situación de, tranquilidade, compañía e felicidade vai acompañado dunha carga emocional alta, perfecta para predispoñer o noso cerebro a integrar o aprendido e motivar o interese e a iniciativa para aprender máis.

Os  xoves de xaneiro (8, 15, 22 e 29) de 2015 na casa da xuventude (2º andar). De  18h a 19h.

É gratuito e ten plazas limitadas!!! animadevos!!!




jueves, 2 de octubre de 2014

GRUPO DE CRIANZA

Arrancamos co grupo de crianza-escola de familias!! o 2º e 4º martes de mes, de outubro a xuño,  de 17h30 a 19h, no Pazo da cultura.

Finalmente tivemos a oportunidade, grazas ao Concello de Carballo (CIM), de poñer en marcha o grupo de familias con fillos de 4 meses a 6 anos. Aqui tendes o cartaz!!!









 Os que xa nos coñecedes sabíades que era unha das nosas ilusións poder levar a cabo unha escola de pais, nais, familias, dende a perspectiva e os principios da asociación. Principios que inclúen a participación dos miúdos nas actividades, unha metodoloxía de traballo baseada no acompañamento e respeto a cada familia, e o traballo dos temas que más nos preocupan nestas idades dende a importancia do emocional, e do desarrollo holístico e profundo do cativo.

A estructura está disposta para a asistencia conxunta da familia ao completo, os miúdos se queren poderán quedar coa educadora mentres os adultos traballamos o tema correspondente.

A metodoloxía basease nas propias experiencias como punto de arranque dos temas a traballar.

Os temas propios destas idades vanse traballar dende o marco da crianza con apego, da educación con respecto, da atención ao emocional e profundo dos miúdos. Todo o que é o acompañamento ao cativo  para que se convirta nunha persoa segura de si mesma, con confianza e autoestima.

 Esperamosvos con moita ilusión!!!! Lembrade que é preciso inscribirse!!!!