ASESORAMENTO EN LACTANCIA MATERNA


Dende a asociación apoiamos e asesoramos na lactancia materna como a mellor opción para a nai e o bebé. Non é só os inmensos beneficios de saúde que aporta a lactancia natural, é tamén unha opción na que nos aspectos emocionais, sociais, cognitivos e familiares vense diferenzas positivas en relación a lactancia artificial. Imos ir pendurando nas entradas os artigos e información relacionados con estes aspectos.

COMO FUNCIONA O ASESORAMENTO?

Hoxe en día, existe moita información sobre a lactación materna e podemos atopar profesionais ben preparados que nos acompañen, resolvan dúbidas e axuden en dificultades. Magoa isto, atopamos tamén profesionais con conceptos e formacións anticuadas que chegan a confundir ás familias, e que non chegan a resolver dubidas, incluso nalgúns casos provocan destetes tempranos, nais inseguras e inicios de lactancia moi complicados. É por iso que existe unha formación especifica de lactación materna, unha formación avalada pola FEDALMA (Federación Española De apoyo a la Lactancia Materna) e pola AEPED (Asociación Española de Pediatría).

En Á beira dos míúdos temos 3 mamás formadas este 2013 como asesoras de lactancia por Teta e Coliño  (asociación membro da federación), das que podemos dispoñer se temos calquera dúbida.

O asesoramento pode ser no mesmo grupo de posparto, ou individualmente a domicilio, por telefono ou por correo electreonico. Sempre gratuíto.

Publicamos aquí os 10 puntos que dende a OMS se presentan como claves para un bo inicio da lactancia. Puntos que nos grupos de preparto do ambulatorio de Carballo, entregamos ás mamás embarazadas.


Como falamos nos grupos de preparto. Se tendes dificultades ou dúbidas pedide, chamade, escrivide,... o que sexa para ter unha boa lactancia. É para iso que fixemos a asociación.!

No hay comentarios:

Publicar un comentario