SERVIZOS


Dende a asociación queremos poñer en marcha algúns servizos que acompañen e faciliten a crianza con apego, a lactancia materna, o vínculo, e a relación respectuosa cos miud@s. É por iso que aparecen moitas ideas. De momento son só ideas, que pouco a pouco imos ir encaixando para levalas a cabo. 

ESPAZO FAMILIA. 

Espazo físico de convivencia no tempo de lecer de miúdos e adultos. 


TENDA Por internet e física (cando exista o espazo).

Espazo, de momento virtual, onde poder atopar cousiñas relacionadas coa crianza e a educación. Se fas cousas que poden ser interesantes neste ámbito mándanos un correo a abeiradosmiudos@gmail.com e publicámolo para que estea a disposición das familias.

Se queres comprar algunha cousiña, mándanos un correo electrónico e poñémonos en contacto contigo para levarcho.

.- Babeiros exclusivos, feitos a man, con un toque gracioso e persoal e totalmente impermeables.

.- libros.

.- Porteo.


NAIS-CANGURO.

Dende a asociación queremos ofrecer a posibilidade de nai-canguro. Porque o nome de nai – canguro? Por que pensamos que á mamá non a substitúe ninguén pero neses momentos que como familia necesitamos da figura dun ou unha canguro, esta debe ser igual de amorosa, respectuosa, atenta e educativa que nos. Porque se cremos e levamos unha crianza respectuosa gustaríanos atopar a alguén que sexa capaz de seguir na mesma liña. Para iso na beira dos miúdos queremos poñer en contacto canguros con familias. Canguros formados dende a asociación en crianza e educación respectuosa.

.- Gústache facer de canguro? Gustaríache aprender como tratar os cativos respectando o seu proceso vital, as súas necesidades e colaborar na construción de persoas con seguridade, autoestima e confianza en si mesmos? Mándanos un e-mail e informámoste da formación en “nai-canguro” ou ben “pai-canguro”.

.- Es unha familia que quere atopar un canguro que siga na liña da crianza con respecto? Poñédevos en contacto con nos e vos pasamos os teléfonos das “nai-canguro”.

NAI DE DÍA
Nai de día é unha actividade profesional que noutros paises está xa legalizada como profesión e aquí está empezando a constituirse e legalizarse. Unha nai de dia é unha profesional da educación - infantil (titulada) que se encarga de cuidar, educar e acompañar no proceso de aprendizaxe a un grupo de 3-4 miúdos entre os 4m e os 3 anos, nun ambiente familiar como sería a propia casa. Constitúese coma unha alternativa á escola infantil ou guardería para as famílias que optan por unha atencíón moito mais individualizada, sen rutinas dirixidas polas necesidades da escola, se non polas necesidades dos cativos, e con unha educación baseada en pedagoxías como Waldorf ou Montesori. 

Dende a asociación estamos a empezar os trámites e formacións necesaria para ofrecer este servizo.  


PRÉSTAMOS – TROQUES.

Espazo, virtual e físico para o intercambio de material relacionado coa crianza e educación.

En 3 tipos de formatos:

      .- Dende a asociación, con material desta. Préstamos delimitados no tempo. Por exemplo, deixámosche unha bandolera, mochila ou pareo durante unha semana para que poidas probar e decidir que o mellor para ti e o bebe; deixámosche un sacaleite por situación concretas de necesidade ou para probalo; etc.

      .-Prestamos por internet. Se necesitas algunha cousiña ou tes algo que de momento non estas a usar, mándanos un e-mail e vos poñemos en contacto. Xa dependerá de vos que decidades durante canto tempo e de que maneira.

      .-Troque. Imos programar “os días do troque” o “dia do troque de xoguetes” (o teu fillo trae un xoguete e marcha con outro); “o dia do troque de libros” (Traes un libro de crianza e educación que xa liches e marchas con outro); “dia do troque da roupiña” (a roupa do teu miúdo xa é pequena e necesitas a seguinte talla, traes a que xa non vale e marchas coa nova). E así con todas esas cousas que se nos ocorran.


AGASALLA EXPERIENCIAS.

Queres facer un agasallo non material? Pensas que estamos demasiado inmersos no consumismo?. Pensas que os cativos están cheos de cousas que non necesitan e queres ou tes que facer un agasallo? Pois aquí o tes, regala unha experiencia: un taller, unha masaxe, unha entrada, unha saída de lecer cos pais,…

Es unha empresa que pode ofrecer experiencias a pequenos e familias. Ponte en contacto con nós e podémoste engadir nas oferta das experiencias.

.- Masaxes.

.- Talleres para familias

.- Talleres para miúdos.

.- Saídas de ocio. Casas rurais, teatro, deportes, etc…

.- Sesión fotográfica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario